viernes, 29 de enero de 2021

MURAL DO DÍA DA PAZ

As nenas e nenos de 2ºA e 2ºB fixeron un mural colaborativo para celebrar o día da Paz. Cadaquén debía colorear un anaco do mural dividido en pezas, coma un crebacabezas, para unilas posteriormente.

Aquí temos o resultado.


jueves, 28 de enero de 2021

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Os nenos e nenas de 1º quixeron celebrar o día da Non Violencia e da Paz cunha receita máxica. 

Para iso pensaron todos os ingredientes necesarios para crear un mundo sen violencia e cheo de paz.

Velaquí deixamos os resultados: 






martes, 22 de diciembre de 2020

BO NADAL!!!

 Os nenos de 2º A quixeron despedir o trimestre cantando unhas panxoliñas!!!!


BO NADAL!!!!

DESPEDIMOS O TRIMESTRE

As nenas e nenos de 1º quixeron despedir o trimestre por todo o alto: celebrando unha festa pre fin de ano. Ademais, tiveron unha mensaxe sorpresa de Papá Noel que lles fixo moita ilusión. 

E, aínda que este ano foi moi diferente pola situación epidemiolóxica que estamos a vivir, desfrutárono moito. Aquí deixamos as probas: 





Vémonos á volta! 

Boas festas!!!

lunes, 21 de diciembre de 2020

Barrenses viaxeir@s - "A organización e os oficios de Barro" (2ºA e 2ºB)

Xa están aquí os vídeos do segundo programa de "Barrenses Viaxeir@s". Durante as últimas semanas, o alumnado de segundo estivo investigando acerca de como se organiza Barro e que oficios hai na nosa vila. Aqui tendes o resultado! Esperamos que vos guste!



domingo, 20 de diciembre de 2020

CHEGOU O NADAL

Chegou a época máis máxica do ano e o alumnado de primeiro está metido de cheo nela. 

Para celebrala, estivemos elaborando ambientación para a clase e realizando algo moi importante: A Carta aos Reis Magos. 

Por aquí deixamos os resultados: 





sábado, 19 de diciembre de 2020

Coñecemos os lugares de Barro e os seus oficios xogando co Beebot!

Os rapaces e rapazas de 2º A e 2º B repasaron os oficios de Barro dun xeito moi divertido: xogando co noso particular robot - abella, o Beebot! Un xogo divertido e completo!

No seguinte vídeo podedes ver en que consiste e o ben que o pasaron: