miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Nas clases de 2º de Primaria, aproveitamos o PDI (Proxecto Documental Integrado) sobre o Camiño de Santiago para conmemorar o Día de Rosalía

En primeiro lugar, as nenas e nenos investigaron sobre a vida e obra de Rosalía. Logo, fixeron cos ozobots o tramo do Camiño de Santiago que vai dende o lugar de orixe de Rosalia, Padrón, ata a catedral de Santiago. En cada parada, atopábanse con información relacionada coa súa vida. 

Unha viaxe homenaxe apaixonante!!!





Recitamos tamén o fermoso poema Adeus ríos, adeus fontes. Velaquí o resultado:


martes, 22 de febrero de 2022

DÍA DA LINGUA MATERNA

O alumnado de 1º de Primaria conmemorou onte o Día da Lingua Materna cunha actividade de lectoescritura que consistiu en escribir verbas bonitas do idioma galego nos bocadillos que se utilizan para facer viñetas de cómic, memorizar a súa definición e explicala ás compañeiras e compañeiros.

Precioso traballo!!!



SAÍDA AOS MUSEOS DA CORUÑA

O alumnado de 2º de Primaria realizou a primeira das saídas deste curso, visitando os museos da cidade da Coruña.

Ademais, relacionándoo co camiño de Santiago, visitamos a Torre de Hércules, símbolo do camiño Inglés. 

Pasárono xenial! E, para mostra, aquí deixamos a proba: 


lunes, 21 de febrero de 2022

21 de febreiro, día da lingua materna

As nenas e nenos de 1º de Primaria quixeron celebrar o Día da 
Lingua Materna cunhas verbas bonitas. 
                                                Esperamos que gocedes con estes vídeos que fixeron.

        Feliz Día da Lingua Materna!!!💓💙💚               




domingo, 30 de enero de 2022

Feliz día da Paz

 As nenas e nenos de 1º A e 1º B  quixeron celebrar o día da Paz facendo un mural e unhas pombas cunhas verbas bonitas.

Esperamos que vos gusten!

 Feliz día da Paz💙!





martes, 21 de diciembre de 2021

FIN DO 1º TRIMESTRE

Para celebrar o fin do 1º trimestre e a chegada da época máis máxica do ano, o alumnado de 2º de Primaria tivo un último día de clase moi especial. Fixeron unha chea de actividades diversas como un scape room, xogos de mesa de Nadal, festa de fin de ano, reparto da amizade invisible...

Aquí deixamos un pequeno resumo da súa ledicia: 


lunes, 20 de diciembre de 2021

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 2º de Primaria realizou postais de Nadal para agasallar ás súas compañeiras e compañeiros con mensaxes bonitas e positivas para despedir este 2021: