lunes, 4 de mayo de 2020

Superheroínas e superheroes tamén durante a corentena

Algunhas das nenas e dos nenos de primeiro quixeron compartir con nós como estaban a levar a corentena. Como podedes ver neste vídeo, están feitas unhas superheroínas e uns superheroes!




#euquedonacasa

lunes, 6 de abril de 2020

Finalizamos o proxecto das plantas!

O proxecto das plantas que realizamos ao longo deste segundo trimestre foi rematado e o alumnado de 1º xa está mergullado noutro proxecto, neste caso acerca de animais, que aínda que dunha forma diferente á prevista será levado a cabo!

Ao longo destas últimas semanas, as nenas e os nenos aprenderon e investigaron acerca de diferentes aspectos das plantas e finalmente elaboraron uns carteis coa información das distintas especies vexetais do noso patio. Estes carteis colocaranse á volta ao lado de cada planta coa finalidade de que todas e todos poidan identificalas e recordalas.

Deixámosvos por aquí unhas fotografías do alumnado ao longo de todo o proceso de aprendizaxe e creación!













martes, 11 de febrero de 2020

EXPERIMENTOS CON PLANTAS

Esta semana, Hugo trouxo á escola un experimento relacionado co proxecto das plantas.
Tinguimos a auga con distintas cores para ver como as plantas a través das raíces ou do seu talo absorben a auga.
Tamén creamos o noso propio diario de experimentos. 
Resultou un traballo moi interesante para as nosas pequenas científicas e pequenos científicos!





TODOS E TODAS A LER!

As nenas o os nenos de primeiro disfrutando do placer de ler en público. Saiu unha lectura cooperativa moi interesante. Puxeron en práctica todos os seus sentidos, especialmente o do tacto.
Gracias profe Pachú por este libro.




APRENDEMOS AS PARTES DAS PLANTAS CO ROBOT

Nenos e nenas de 1º A e B aprenden as partes das plantas a través dun xogo de robótica.
Aprenderon e o pasaron xenial!



sábado, 8 de febrero de 2020

SAÍDA A PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria viaxamos a Pontevedra o venres para ver a representación da obra "Safari" na sede de Afundación en Pontevedra. 
Gustounos moitísimo a todos e a todas, alumnado e profesorado, polo ben que souberon captar a nosa atención dende o principio ao final. O dinamismo na representación, os decorados e os orixinais cambios do mesmo, a forma de tratar o tema do acoso e facernos pensar no día a día de cada un de nós. Foi fantástica!

Ao remate da función demos un paseo pola zona vella de Pontevedra e parámonos nalgunhas prazas antes de ir a merendar: Peregrina, Ferrería, Eirado da Leña e finalmente a Pedreira.

Visitamos tamén o Mercado, desde arriba e paseando polas distintas zonas: Peixaría, Floraría, Froitería e Carnizarías. Ao final, déronnos como agasallo un libro sobre as tendas e produtos do mercado.

Para rematar a mañá de visitas, fixemos unha curta parada nun parque mentras esperabamos que nos recolleran os autobuses.


Pasámolo moi ben e aprendemos unha chea de cousas!!!

lunes, 27 de enero de 2020

Compartindo consellos de alimentación e hixiene

O alumnado de 1º e 5º de Primaria puxo en común os resultados dos seus últimos proxectos, nos que aprenderon a importancia da hixiene bucodental e dunha boa alimentación.

Os nenos e as nenas de 1º elaboraron uns cartaces con sinxelos consellos acerca do coidado dos dentes que serán expostos no comedor escolar, pero antes quixeron amosarllos ao alumnado de 5º, que tamén está a traballar esta temática.

Ao mesmo tempo, os rapaces e as rapazas de 5º explicáronlle aos máis pequenos e ás máis pequenas a pirámide alimentaria cun vistoso mural.

Finalmente, os maiores fixéronnos entrega do libro que elaboraron acerca das árbores de Barro, que servirá como punto de partida para o noso seguinte proxecto: as plantas.