Ao longo dos últimos días estivemos decorando os nosos corredores con bruxas, morcegos, cabazas... queriamos un cole de mooooooito meeeeeedoooooo, porque hoxe iamos vir ao cole coas nosas mellores galas terroríficas!!!
Así de ben o pasamos!!
Ao longo dos últimos días estivemos decorando os nosos corredores con bruxas, morcegos, cabazas... queriamos un cole de mooooooito meeeeeedoooooo, porque hoxe iamos vir ao cole coas nosas mellores galas terroríficas!!!
Así de ben o pasamos!!
Hoxe, as nenas e os nenos de primeiro de primaria do cole podemos presumir que sabemos un pouco máis de guepardos, grazas á visita de Rubén Portas (padriño de Manu de 1ºB).
Rubén tivo a amabilidade de vir pasar con nós unhas horiñas para falar do seu interesante traballo. Vive en Namibia e forma parte do "Proxecto Guepardo", do Instituto Leibniz de Berlín. A súa labor consiste en censar a poboación desta especie, investigar as súas costumes e colaborar na súa protección, posto que é un animal en perigo de extinción.
Durante a súa charla puidemos aprender a diferenzar guepardos e leopardos, explicounos polo miúdo que se fai cun guepardo cando é capturado para o seu estudo, como se coloca un colar con GPS, e se lle extraen mostras de sangue. E como, ao rematar, se administra un antídoto para que esperte.
A través do visionado de vídeos observamos escenas deste gran felino en estado de liberdade. Tamén nos explicou a importancia de preservar o hábitat natural de todos os seres vivos.
Moitas grazas, Rubén, por vir compartir con nós a túa labor e o teu saber.
Grazas por achegarnos un pedaciño de África en forma de guepardo!
O alumnado de 2º de Primaria e compis do CEIP Xeve, disfrutaron na mañá de hoxe dunha xornada de xogos e convivencia no noso centro. Unha actividade enmarcada dentro do Programa XOGADE.
Moitísimas grazas!
O pasado 26 de abril, as aulas de primeiro e segundo de primaria fixemos unha saída extraescolar á granxa Apípolis. Durante as semanas anteriores estivemos traballando e coñecendo a importante labor das abellas, e o venres puidemos comprobar, de primeira man, todo o aprendido.
Fixemos varios talleres, aínda que o máis emocionante foi vestirnos de apicultoras e apicultores, entrar no apiario e sentir as abellas tan preto!!!
Aquí deixamos un breve resumo da xornada!
Desde o Proxecto de Prevención das Conductas Adictivas dos Concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas propoñen a realización deste cuestionario para reflexionar sobre a alimentación e os hábitos saudables.
Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria. Popularmente dise que casan os paxariños!! Tradición oral que recolle o espertar da natureza: medran os días, escoitamos o canto dos paxaros...
Nas aulas de primeiro e segundo do colexio sabémolo moi ben, e decidimos celebrar esta data recollendo os refráns máis representativos.
Tamén fixemos unhs paxariños que colocamos no corredor de entrada do colexio, así de fermoso loce agora!!
Hoxe, as aulas de primeiro e segundo de primaria do noso cole fomos a desfrutar da percusión de Odaiko no Auditorio de Afundación en Pontevedra. Pasámolo moi ben, mirade as nosas caras de ledicia!